Sin afán de protagonismo e sí con motivo de aportar un grao de area a historia do noso pobo, e que moitos datos da mesma non caigan no esquencemento, ainda que son simplemente un aficionado, ocurriuseme esta idea alá polo ano 1998, cando caeron nas miñas mans uns artículos de prensa relativos a NOVA VIRXE. Pensei, ¿si veu no ano 1.952, pro ano 2002 fai 50 anos?..... Pero foi a partir das Festas patronais e do mar do pasado ano 2001 cando tan só tiña unha fotografía dunha embarcación portando a Virxe, o Hermanos Manzano, datada no ano 1961, cedida por Charo de Balbinito, cando empezei a pensar e fraguar o tema de facer a exposición. A idea era por dous motivos, primeiramente por coñercer o nome dos barcos que levaran a “santa” e despois para ver a evolución das embarcación en medio século no noso porto de Celeiro.
Primeiramente escomencei en solitario a ardua labor, si ben comenteino con algún membro da comisión de festas, que me deu para diante. Así mesmo comenteille-la idea a asocación de vecinos de Celeiro, e tamén lles parecue moi ben. A partires de ahí, a primeira lavor era coñecer os nomes de toda-las embarcacións e seguidamente buscalas fotografías das mesmas. Visitada a Confraría de Pescadores, levei a miña primeira gran sorpresa, que foi cando me encontrei de que non se atopaba ningún rexistro en donde estiveran anotadas as mesmas, si ben tiñan anotadas as dos últimos dez anos. A partir de este momento a dificultade de face-la exposición facíase mais imposible. Preguntando a uns e outros e fotos que foron aparecendo fomos conxuntando un xeroglifico que nun principio era casique inalcanzable pero que pouco a pouco e coa colaboración de todos, fomos conxuntando. Tivemos que chegar a Candás, Bermeo,Bayona, ou o Barqueiro, entre outros lugares, para ter fotos e datos de algunha embarcación.
A axuda incondicional dalgunhas persoas e estamentos foron definitivas para poder levar a cabo esta tarea, tales como A Capitanía Martima, Jose María Gomez Paleo, coñecido popularmente como “Che María da Sisa”, A Cofradía de Pescadores, armadores de varios barcos, así como tamén, a colaboración de meu pai “Xuxo da Casilla”, Heraldo de Vivero e Seminario de Estudos Terras de Viveiro.
Así pois, hoxe temos a ledicia de poder mostrar esta exposición, que patrocinan e colaboran, a asociación de venciños de Celeiro, a comisión de festas, a confraría de pescadores e asociciación cultural e deportiva Penalba.
A VIRXEN DO CARMEN, PATRONA DOS MARIÑEIROS
Imos lembar brevemente a historia da raigambre dos homes do mar a VIRXEN DO CARMEN e os datos dos que contamos das IMAXES da mesma no noso pobo de Celeiro.
A organización gremial do medievo alongouse na Edade Moderna, máis con forza organizativa e senso democrático onde destacaron as virtudes da solidariedade e do servicio.
Os gremios atoparon no Concello un recoñecemento e o seu representante o día de ano novo era investido solemnemente como procurador. Na parroquia os gremios formaban Cofradías (co-fraters = unión de irmáns) que organizaban os seus cultos e administrábanse por maiordomos. A Cofradía tiña un patrón a quen se lle tiña devoción e nas grandes festas e procesións cada Cofradía ocupaba o sitio de sempre, polo que en moitas ocasións sábese que houbo liortas. Estan cofradías naceron a mediados do seculo noveno, sendo a primeira a da localidade de Laredo (Cantabria)
O gremio de mareantes honrou sempre a todo-los apótolos, por aquello de que foran mariñeiros; pero o seu patrón era San Sebastián.
Co gallo do Concilio de Trento o culto a Virxen tuvo un gran pulo e cada Cofradía foi adoptando una advocación. Así aparece a Virxen do Carmen como patrona do gremio xa a primeiros do século XVII. Na diócese de Mondoñedo, tardáronse bastante tempo en escribir as Constitucións, que en Celeiro non chegaron ata o século XVIII. A Cofradía do Carmen recibía de cada cofrade un real ó ano que se pagaba polo mes de Otubro ó maiordomo, e facía a cada un dos cofrades defuntos as misas que leven ainda hoxe se seu nome.
A devoción dos mariñeiros a Virxen non foi imposta nin dirixida. Naceu no recuncho do corazón a carón do lume, nas noites de inverno, cando antes da cea rezábase o rosario con devoción e respeto en tódalas lareiras. De pais a fillos íase conservando. Nos momentos difíciles do traballo do mar, sempre foi bendita e chamada polos seus devotos.
AS NOSAS IMAXES
A primeira imaxen da Virxen do Carmen que houbo en Celeiro foi a que se garda na capela de Santa Ana. Para darlle culto á cofradía esmagouse unha imaxe da Inmaculada, tallada por Domingo Preto e estofada por Varela Ramil no ano 1623. Mais tarde a Cofradía encargou outra a un bon artista, un destacado discípulo de Gambino, e que se conserva no salón parroquial. Esta imaxe ocupou a vitrina central do altar que estaba ao lado da epístola na igrexa vella de Celeiro, e foi a que surcou en procesión pola ría por primeira vez no mes de Xuño de 1.950. Esta imaxe data do seculo XVIII, e esta primeira procesión foi por iniciativa do sacerdote, D. Joseito Paz Dopico e a embarcación elexida, a “Marina nº dos”, profusamente adornada con laureles e frores, que paseou a imaxen con sencillez e respeto por toda a ría. Neste ano tódo-los elementos estaban a xogo , a imaxen, as lanchas e asistencia gardaban a misma proporción, eran pequenas, sencillas e tan soio os vecinos de Celeiro acompañaban a Raiña do mar.
Pero axiña escomenzou a medrar a flota en número e tamaño, e o cariño co que se tomou a cerimonia foi en aumento e a xente da comarca acudía en masa. Todo se quedaba pequeño. Ao ano seguinte no 1.951 sendo cura da parroquia D. Constantino Montenegro, non houbo procesión marítima.
A NOVA IMAXE DA NOSA “SANTA”
A imaxen monumental da Virxen do Carmen que se venera hoxe mercouse, na primaveira do ano 1.952, a iniciativa de Dña. Antonia Sanjurjo Fernández, coñecida popularmente por “A Severina”. Esta muller encargoulle uns bocetos e presupostos ó parroco da vila, nese ano D. Jesús Castro Prieto. Este cura, propuxo a iniciativa no púlpito e foi moita xente a interesada neste proxecto, finalmente foi costeada por suscripción popular, ainda que esta muller aportou o precio da mesma, o redor de dezaseis mil pesetas (do ano 52). Esta aportación foi como agradecemento a “Virxen” dado que o seu fillo Manuel Villarmea salvouse do naufraxio da lancha “Santa Ana nº 2”, xa que estaba embarcado no “Virgen del Pilar” e que ía o seu caron, (coñecida popularmente polo Cillero), e que acontecía no lugar coñecido por “Sacentes”, perto da Coruña o día 19 de Decembro de 1.951, cun saldo de 10 falecidos.
O escultor imaxineiro santiagués D. Jose Rivas, foi o elexido para esculpir a talla. Este compostelano foi o creador dun tipo de Virxe mariñeira, sendo a primeira para a localidade de Cedeira. Este estaba moi vinculado a Viveiro por profesión e devoción, xa que o mesmo fixera moitas imaxes que desfilan na Semana Santa de Viveiro, o paso da Piedade, o Vico de Xudas ou prendemento, a borriquita, o cristo da agonía , o cristo da caña, e outras imaxes do paso do calvario. Se si fixan a cara da piedade e da nosa Virxe son moi parecidas.
A nova imaxe foi retocada e decorada polo escultor ornamentista tamén santiagués pero afincado en Viveiro D. José Otero Gorrita, no amplio salón da vella casa rectoral de Celeiro., xa que a talla era inerte e confusa, viña en branco.
Esta Virxen participou por primeira vez na procesión marítima e recibiu a brisa da ría no mes de Xuño do ano 1.952, na embarción “Milagrosa”, quen tuvo a honra de estrenala “Santa”, unha lancha ainda que despropocinada á talla , pero a xogo co cariño que se lle tiña en Celeiro.
A partires de este momento e de forma ininterrumpida celebrase en Celeiro a tradicional procesión marítima, con esta nova Señora do Mar. Esta procesión é un espectáculo grandioso , pola súa magnitude e por ser unha das procesións con máis tradición e raigambre de toda a cornisa cantábrica. A procesión marítima celebrábase o rematar a costeira do bocarte, a finais do mes de Maio ou principios de Xuño, antes de sair para o bonito, si ben alguin ano tamén se celebrou a mediados por mor de temporais que impedían os barcos vir ata Celeiro. Dende 1.984, ano que se unificaron as festas do mar e as patronais de Santiago e Santa Ana, faise a finais do mes de Xullo. Esta unificación foi por mor do cambio de modalidade e de pesquería da flota do porto, xa que co tema das licencias tíñanse que adaptar as datas que lles imponía a comunidade europea.
É esta unha ocasión donde as xentes do pobo e tamén foráneas aproveitan para estar todos unidos coa Virxen de Carmen e ser “mariñeiros por un día”, algo que se plama e fai patente o amor e a devoción que lle profesa a xente do mar a súa patrona.
Citar que en tódalas embarcacións hay un sitio privilexiado en donde se atopa unha urna coa imaxe da Virxen.
Nestes tempos que comenza unha costeira nova na vida do Porto de Celeiro, encomendemos de corazón a Virxen do Carmen o éxito do esforzo dos nosos mariñeiros. E cando vaia polas nosas rúas levémola con respeto e cariño como fillos que somos da Raiña dos Mares.
Outros datos de interese:
Citar que a Virxen foi resturada no ano 1986 nun taller de imaxinería relixiosa en Santiago de Compostela.
A anda de madeira de castaño, foi feita tamén por Jose Otero , xa que leva o seu inconfundible selo nas súas tallas.
Antiguamente levaba uns peixes (escachos) nas catro esquinas, desaparecidos fai moitos anos e un escudo “Mariano”.
O escudo recuperámolo no ano 1999 e este ano para a procesión especial dende Celeiro ao Asilo, fixéronse de novo os peixes, saidos das gubias do maestro-tallista viveirense D. Juan Fernández Rivera (Juan do Goyo). Así mesmo reparouse e barnizouse a anda, aumentándolle un novo varal, xa que só contaba con dous.
Nota: Varios datos foron recollidos de artigos de D. Carlos Adrán, O Serenín , La Voz de Galicia e tamen por “voz populix”.
Celeiro Xullo do 2.003
Suso Fernández
¡¡ O destino de Celeiro foiche sempre mariñeiro !!
CELEIRO, onte e hoxe
jueves, 11 de diciembre de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
HOLA MOI BEN
Publicar un comentario