Celeiro, Viveiro e a súa bisbarra sempre viviron a caron do mar, do cantanbrico, polo que a longo da súa história tiveron momentos tráxicos en canto a navegación se refire, OS NAUFRAXIOS, provocados por temporais que se denominan “Galernas”. ¿Qué é unha galerna?.... e un temporal súbito e violento con fortes ráfagas de vento do oeste que rola ao noroeste que suele azotar o Mar Cantábrico e as súas costas, polo xeral na primaveira ou no outono, ainda que tamén suceden no vrán. Aparecen en días calurosos e apacibles nos que a chegada dun fronte frío veñen acompañadas dun cambio brusco da dirección e intensidade do viento, que pode chegar a superar os 100 km/h, o ceo oscurécese e prodúcese un forte descenso da temperatura, de ata 10ºC, e un descenso rápido da presión atmosférica. En ocasións tamén ven acopañado de fortes choivas. O mar pode chegar a ser grosa ou montañosa.
As galernas sempre foron temidas polos homes do mar por ser un fenómeno meteorolóxico de extremada violencia. A más recordada no Cantábrico foi a galerna que se produxo o 20 de abril de 1878, nas costas cántabra e vasca, tristemente coñecida por A Galerna do Sábado de Gloria. Esa tarde toda a poboación pescadora agolpábase nos portos e na costa vendo como os seus familiares intentaban gañar a costa a bordo das lanchas e traiñas. Perderon a vida 322 pescadores afogados (132 cántabros e 190 vascos). A partir de este desastre introduciríanse melloras na navegación. Ainda así e todo nas sucesivas galernas seguironse producindo víctimas. Importantes foron tamén as dos anos 1912 e 1914 entre outras.
Duas das maís debastadoras nas nosas costas foron as ocurridas no ano 1810 e no 1961, ademáis da tempestade denominada “Carlos” en 1918. Estas castátofes sirven para decubrir o enigmático mundo dos naufraxios no litoral lucense, unha das franxas marítimas, que a pesar de non ser considerada excesivamente perigosa, sí alberga un gran número de mortos por afundimentos nas proximidades da costa.
Imos lembrar varios episodios, primeiramente a traxedia dos buques da Armada Española, fragata Sta Mª Magdalena, Bergantin Palomo.
FRAGATA MAGDALENA e BERGANTÍN PALOMO
A pesares de ter viveiro unha ria-refuxio, cando o mar se embrabece, tamén poden ocurrir desgracias, coma a que aconteceu nos albores do século XIX.
O Dr. D. Fernando Güemes no seu libro de investigación “Memorial de un Naufragio”, publicado no ano 1990, sinala: “el naufragio de la Fragata Magdalena y del Bergantin Palomo, representan unha de las mayores pérdidas de vidas humanas que haya tenido lugar por acción de los elementos y su furia desatada. Las circunstancias del desastre recuerdan, a otra escala, las que concurriron a la destrucción de la mal llamada “armada invencible”.
“¡qué días de juicio antes de ayer, ayer y hoy se han representado en este pueblo! ¡no se oye por las calles y casas más que lamentos, lloros y sollozos de la multitud de familias que han quedado huérfanas y desconsoladas!”.
Así describiu o comandante xeneral do apostadoiro do Ferrol, o Sr. De Texada, a traxedia histórica acontecida na ría de Viveiro cando un desatado temporal afundiu á fragata “Santa Mª Magdalena”, e o Bergantín “Palomo”. Asi mesmo queda unha pregunta no aire , ¿ademáis dos citados navíos, tamén afundiron a Goleta española “Insurgente Roncalesa” e o bergantín ingles “Puerto de Mahón, e un número nunca fixado de transportes?... Era a noite do 2 de Novembro, aciágo día de defuntos de 1810.
Pra situarnos históricamente no momento no que se produce o naufraxio, recordaremos que a «Expedición Cántabra» era una operación naval realizada conxuntamente polas armadas Española e Británica en plena Guerra da Independencia, contra os franceses. Proba da situación política da época e dos seus constantes vaivenes, da idea que os ingleses foran agora os nosos aliados, cando moi poucos anos antes foran os nosos inimigos nas batallas de Trafalgar e Cabo San Vicente. Duas batallas navais que eliminaran boa parte do antiguo poderío marítimo español, e que agora víase complementado pola axuda Inglesa ante Francia. No mar Cantábrico, contra os franceses, os intereses españois e ingleses eran idénticos, de modo que navíos e fragatas inglesas defendían as bases españolas. Non era extraño, pois, que algúns xefes e oficiais españois e ingleses que ahora operaban xuntos nesta expedición, foran contrarios anos antes. Pero os pactos, alianzas e tratados das súas respectivas coroas levaronnos a actuar unidos nesta nova misión. Entre estes antigos inimigos descataba Sir Home Popham, do almirantazgo británico.
Formaban parte da “Expedición Cántabra”, convinada hispano-británica, a desventurada escuadrilla de 22 efectivos españois, a Fragata «Santa María Magdalena» O Bergantín «Palomo», a Goleta «Insurgente Roncalesa» os cañoneiros «Corzo», «Gorrión», «Sorpresa» , que afundiron en Santoña polas inclemencias metereolóxicas, e «Estrago». 15 buques de transporte e 1.200 homes de forza de desembarco, que zarparan da Coruña o día 14 de Outubro de 1810 coa misión de apoderarse de Santoña e Guetaria. O almirantazgo británico, puxo a disposición da Expedición catro Fragatas e un batallón de marines que contabilizaba 800 homes o mando do Comodoro Robert Mends.
O Mariscal de Campo D. Mariano Renovales foi o encargado da misión, que confiou ao Capítán de Navío D. Joaquín Zaráuz, a cuias ordes estaba o citado Robert Mends, xefe das forzas inglesas;
Pola sua banda, os efectivos británicos eran os seguintes:
A Fragata «Arethusa», o mando do Comodoro Mends, que comandaba toda a forza inglesa, as Fragatas «Amazone», «Medusa», «Narcisus» e o Bergantín «Puerto Mahón». En total, 5 buques e 800 hombres como forza operativa de desembarco o mando do Capitán Walker.
Sumadas ambas forzas, española e inglesa, resulta que a totalidade da escuadrilla comprometida na «Expedición Cántabra» era un total de 27 buques (5 Fragatas, 2 Bergantins, 1 Goleta, 4 Cañoneiros e 15 buques de transporte e apoyo) e 2.000 homes de forza de desembarco (soldados de artillería, infantería e infantería de marina), ós que habería que sumar ás dotacións dos buques. A Expedición completouse o pasar por Ribadeo, no traxecto da Coruña a Santoña, donde se sumou á forza a Goleta de guerra Española Chamada «Liniers».
De santoña tiveron que sair polo temporal que azoutaba a zona na data do 23 de outubro. Ámbolos dous buques a raiz deste temporal perderon dúas das suas ancoras maiores.
En plena guerra da independencia contra as forzas invasoras francesas de Napoleón, unha galerna no cantábrico rematou coa malograda “expedición cántabra”, afundindo á Fragata “Magdalena” e ao Bergantín “Palomo” contra os castelos de covas e a praia de sacido: 820 dos seus homes pereceron naquel naufraxio, ademáis de incontables feridos. Esta traxedia convulsionou Viveiro e sumiu de consternación a toda España.
A musa popular como describe o que fora cronista oficial de Viveiro, D. Juan Donapetry perpetuou o recordo desta desgracia no seguinte romance:
Dime, bergantín “ palomo”,
¿dónde fue tu perdición?
en la ría de vivero,
al toque de la oración.
Dí, fragata “Magdalena”,
¿qué mal viento te dio el mar?
todos los vientos son buenos
si Dios no dá tempestad.
A fragata Santa Maria Magdalena estaba ao mando do capitan de navio D. Blas de Salcedo Salcedo, que exercera como comandante militar de mariña en Viveiro ata 1808. Niste ano obten o mando da fragata Magdalena. Con ela e coa “Venganza” defende Santander do ataque francés.
Formando parte da expedición cántabra, na escadra conbinada hispano-británica como citamos, en 1810, naufraga na ria de Viveiro, aparecendo o seu corpo na praía, abrazado o do seu fillo Blas de Salcedo y Reguera, garda mariña na Fragata Magdalena. A raiz deste feito prohibiuse por orde que non pudiesen navegar nun mesmo buque da armada os padres cos seus fillos nin os irmáns uns con outros.
Da Magdalena soamente houbo 8 superviventes, pero 5 deles faleceron ao chegar a terra a consecuencia das feridas. Perderon a vida 480 homes entre a xente da dotación e as tropas de transporte. Salváronse da catástrofe 21 homes, por estar en terra.
Reseña da fragata ferrolana “ Santa Maria Magdalena”
Fragata de 3 paos, trinquete, maior e mesana, construida nas gradas do asteleiro de Esteiro, foi botada ás aguas da ría de Ferrol en 1773.
A “Magdalena” tivo unha moi activa vida operativa. Estivo no pacífico, o 15 de agosto de 1779 batiuse sobre as “Terceras” coas forzas inglesas e o 20 de xaneiro do ano seguinte sobre cabo San Vicente bateu e apresou un lodro inglés.
Tomou parte na campaña hidrográfica en 1783 baixo o mando de tofiño. En 1793 foi destinada a américa septemtrional e o río da prata. Tomou parte no ano 1805 ás ordes de Gravina na campaña da Martinica e actúou como buque hospital, trasladando a España un considerable número de enfermos.
Participou noutras moitas campañas, actuando incluso de corsario.
En 1810, despois dunha larga e eficaz comisión dende Ferrol a Cadiz e Xixón transportando forzas para a loita contra os franceses, afundiuse na ria de viveiro como xa citamos.
Caracteriticas da “Magdalena”
Eslora.................... 41,70 metros.................... 150 pés
Maga..................... 10,25 metros.................... 36 pés e 18 pulg.
Calado................... 5 metros.................... 18 pés
Desprazamento.... 500 toneladas
Si ben das gradas do asteleiro saiu con 34 canons, en 1798 modificouse o regulamento e pasou a ter 40.
batería............................. 18 cañones de a 18 libras
8 obuses de a 36 libras
castelo e alcazar............ 2 cañones de a 6 libras
12 obuses de a 24 libras
Un considerable número de obxetos e partes do casco pertenecentes á fragata Magdalena e recuperadas do pecio, conservanse e expoñense no museo naval da Armada de Ferrol, tales como:
-cañons, roda e tajamar. -codaste e forro. -artillería de ferro e bronce. -cabullería e motonería. -enseres. -instrumentos náuticos, octante. -armas portátiles, etc….
Bergantín Palomo
Bergantín de dos paos, trinquete e maior, construido tamén nos asteleiros de Esteiro no Ferrol en 1795, armado con 22 canons. Estaba o seu mando o tenente de fragata D. Diego de Quevedo. Deste buque sabese moi pouco, na castastrofe morerron un total de 50 homes, 44 mariñeiros da dotacion e 6 oficiais, dun total de 81 tripulantes. Nesta ocasión e mais adiante no naufraxio do buque “Tigre”, o seu Comandante logrou salvar a sua vida. Do pecio prácticamente non apereceu caseque ningun vextixio, si ben díse que o mascaron de proa atópase nunha vivenda residencial en Asturias.
-----------------
A la luz del tenebroso día 3, continua escribindo o Dr. D. Fernando Güemes, y todavia bajo los efectos de un tiempo aborrascado, pudieron ver los habitantes de Viveiro lo que uno de sus cronistas del siglo XX llama “cuadro de desolacion y muerte”. Flotaban maderos sobre las aguas y las grandes olas traían a la playa muertos y heridos a los integrantes del comando naval. En dias sucesivos la lista de los muertos pareció inacabable, y a las playas de la ria, Faro, Area, Lavandeiras, Sacido… fueron arrojados cadaveres destrozados por el mar.
Un recuento exacto fue, y sigue siendo imposible.
La relacion de victimas del naufragio, la oficial, se ciñe sólo a las dotaciones y oficialidad de la Fragata Magdalena y del Bergantin Palomo. Se incluyen alguno de los oficiales de los cañoneros cuya dotacion fué acogida a bordo en Santoña, pero no se incluyen en modo alguno la lista de marineros de dichos buques. La lista por tanto es incompleta.
E na memoria dun pobo ó tráxico recordo, a escasos metros do embarrancamento, reza unha praca de mármol branco no monumento conmemorativo que se erixiu en 1934, no primer «Castelo» da parte occidental da Praia de Covas, no que se conserva un dos canóns e un ancora da escadra, «A los 550 náufragos del Bergantín Palomo y de la Fragata Magdalena, sucumbidos en esta playa el 2 de Noviembre de 1810»
O que os libros de historia non contaron na sua verdadeira magnitude, quedou grabado na memoria dos que vivieron tan de cerca a catástrofe e nos seus descendientes.
TEMPESTADE DE CARLOS
Era finais do ano 1917 cando de novo na nosa ría desencadeouse unha galerna, causando un sinnumero de accidentes marítimos, si ben non houbo perdas humanas. Decía un corresponsal da época do Progreso de Lugo, que nin o máis vello do lugar recordaba unha oleaxe tan grande como o que se vira aquel día. Ainda que non houbo baixas en canto as embarcaciones maiores si as houbo de embarcacions auxiliares. A barca “Carlos” de Ribadeo estrellouse contra os castelos, cando estaba reparando unha averia e atopábase cargada con 600 tonelas de carbón con destino a Cadiz. Outro caso curioso foi na entrada do rio Lodeiro, donde anos antes fórase a pique o “Santiago”, un barco de vela cargado de cal, e sendo imposible polos homes de sacalo daquela entrada, a pesares de intentalo ata con dinamita, foi a resaca das ondas a que o levou ata a praia de Celeiro. O buque noruego “Thilsa” embarrancou na praia de Area Longa, o vapor “Villano” que salvara a tripulación do velero “Virgen del Carmen”, foi preciso varalo pois tiña a quilla e o cadaste desfeitos. O vapor “Principe de Asturias”, que perdera dúas ancoras e o timón, foi sacado da praia e quedou a frote. A raiz deste temporal, foi noticia os primeiros achádegos dos vestixios da Fragata “Magdalena”. Uns meses despois, e fronte a Sacido recuperábase un canón de ferro do Bergantín Palomo.
Despois deste apartado, referímonos a continuación os naufráxios de barcos de pesca do porto de Celeiro.
NAUFRAXIO DO SANTA ANA Nº2
Son os naufráxios e os náufragos un dos recordos negros do pasado século para a vila mariñeira de Celeiro. Unha das primerias degracias desta índole foi o afudimento da embarcación “Santa Ana nº 2”, acaecido o día 19 de Decembro de 1951, cun balance de dez victimas mortais, o total da súa tripulación. Dez mariñeiros deste porto que aquel día fixeron a súa última singladura surcando os mares das nosas costas, deixando en terra un total de oito viuvas e vinte orfos, a mayoría de curta idade, ademáis de pais, irmáns, familiares e amigos, os cales viviron horas de inquietude e incertidumbre ata que se confirmou o fatal desenlace. O naufráxio ocurría nas proximidades da entrada ao porto da Coruña, na madrugada do 18 ó 19 de Decembro, no lugar denominado “Banco Yacentes ou Basuril”, en donde se encontran os baixos coñecidos polos mariñeiros como “Sacentes”, cando un temporal con grandes golpes de mar e vento que azoutaba a zona, afundiu para sempre a “Santa Ana nº 2”, salvándose as outras dúas lanchas que ían coa citada para a venta á Coruña, a Estaca de Bares e o Virgen del Pilar “O Cillero”, todas elas cargadas de “Chicharrón”. Sairan a primeria hora da noite dende a Coelleira coa intención de chegar a alba a dito porto. Nada se volveu a saber da Santa Ana, e a estela que trazou nas augas a súa quilla, extinguiese pra sempre. Naqueles tempos non había equipos de salvamento, nin tan siquera aparatos de telefonía para a comunicación, polo que a súa salvación foi imposible. As características desta embarcación eran as seguintes: Eslora, 13,50 m, manga, 3,15 m. puntal, 1,50 m. con un tonelaxe de 15,28 TRB, tiña un motor diesel de aceite pesado, de catro cilindros, marca Yereje Hnos, de 40 cabalos. Fora construida nos asteleiros do puntal en Celeiro.
A GALERNA DE 1961
NAUFRÁXIO DO, BADIOLA, TODOS LOS SANTOS, MARI LOLY GRELA E SANTA LUCIA.
A galerna do mes de Xullo de 1961 deixou una lista de 83 victimas mortais cun total de 20 barcos afundidos en tódala cornisa cantábrica, sendo o porto maís castigado Celeiro.
Campaña do bonito. Aquel mércores 14 de Xuño de 1961, algúns barcos desmarraron para sempre. Íanse facer o mar o día 13, pero ademáis de 13, era Martes, (día supersticioso para os homes do mar), polo que agardaron en terra un día máis, o derradeiro para moitos. Xa no mes de Xullo, a data recorda a mayor traxedia de Celeiro, cando un desatado temporal asolegou de zozobra o porto, afundindo tres dos seus barcos, Badíola e Todos los Santos, con base en Celeiro, e o Mari Loly Grela, con base en Viveiro. Tamén o San Lucía con base en Santander pero que armaba para a costeira en Espasante.
Do Badiola houbo 10 desaparecidos e tres superviventes, do Todos los Santos 4 desaparecidos, un corpo recuperado, o pai de D. Laureano e D. Vicente Miguez, e 9 supervivintes, do Mari Loly Grela, despareceu tódala tripulación, 13 mariñeiros, e do Santa Lucía, 5 desaparecidos, entre os cales estaban dous veciños da comarca, un de Faro e outro de Xuances. Un total de trinta mortos.
O temporal sacudiu o litoral cantábrico e anagou a costa galega nos angustiosos días do 11 e 12 de Xullo, as máis fatídicas datas de acaecementos tráxicos para celeiro, perdéndose pra sempre vintenove homes que quedaron enterrados no mar. A estes mariñeiros o Cantábrico botoulles á súa estatura de homes carena transparente hay agora 46 anos.
A galerna convulsionou o porto que quedou sumido na consternación pola desgracia. Á volta dos primeiros barcos a xente saía a rúa, a praía, o puntal de Celeiro, para saber, abrazar ou chorar. Que algúns non remataban de vir, ou desapareceran, ou o barco foi o fondo cos 13 …. Por todo Celeiro dábanse berros de traxedia. En calquera lugar vencía a desesperación, a impotencia, e o desmayo convencia a xente da castátrofe de todo o pobo.
Badiola, Todos los Santos, e Mari Loly tres nomes que poderían figurar nas tres carabelas do Gran Almirante “Colón”, e que ficaron en cada leito, a Xullo do 1961. Do naufragio do temporal, do temporal que caía, deixa nas memorias e no pelexo dos superviventes un zarpazo calado.
O día 18 de Xullo, celebráronse na Igrexa Parroquial de Celeiro os solemnes funerais polas victimas, coa presencia das autoridades, así como dunha inmensa cantidade de veciños e veciñas de toda a bisbarra.
Despois dos funerais, os sobrevivintes escomenzaron a reparar as embarcacións para continua-la costeira do bonito, e ise ano non se celebrarón as festas do patrón, Santiago Apostol, nin as do Carmen da Pescadería en Viveiro. Moitos boniteros sairon o mar o día 25, e non aferraron nin un peixe para comer.
A vinte pesetas das de entonces se pagaba o kilo de bonito no ano 1961, pero moitas persoas pagarón un prezo moito más alto…. Algúns trataron de olvidar o suceso para poder volver a embarcarse e loitar novamente pola vida. Outros non foron capaces e tiveron que abandoar o mar pra sempre.
¿Qué máis deixouo a galerna?... 22 Viuvas, 43 orfos, (os fillos dalgúns do mariñeiros desaparecidos, debido a sua curta idade apenas podran recordalos, e algún naceu meses máis tarde da traxedia). Tamén deixou emigrantes… (moitos dos supervivintes embarcáronse nesa aventura de cruzar fronteiras, pisar consulados, oir idiomas alleos, outros traballos,… outras vidas. Renaceron daquela nos anos 62,63,64… en Francia, Suiza, Paises Baixos, América, ou na mercante).
A náusea daqueles días volta con calquera tarde de vento tolo, suroeste, quente, inquedante, que amence no mar como brisa zorra, que vai a máis, que fai papel as quillas pra tanto océano polo aires.
Esta crónica de desastre ou bagua, tratábase dun recordo. De rancho pechado, de gas-oil, salitre, peixe, roupa daugas…
A data do 12 de Xullo de 1961 quedou na historía de Celeiro con Letras Maisculas.
Despois de moitos anos e moito rebuscar logramos xuntar as fotografías do “Badiola”, “Todos los Santos” e “Mari Loly Grela”.
Fº: SS-3-720
Eslora : 16 m.
Manga: 4,20 m.
Puntal : 2,25 m.
Ano construcción : 1936
Localidade de construcción : Zumaia Motor : Yereje Hnos 60 CV
TRB : 34,95
Relación de náufragos desaparecidos: Luis Riveira Chao, José Riveira Chao, Antonio Tarrio Lago, Ramón Riveira Trasancos, Manuel Abad García, Luciano Abad Cordido, Juan Mª Manso Gomez, Pedro Pérez González, Daniel Parapar Paleo, Herminio Piñón Rodríguez.
Todos los Santos (ex-Nuevo Torrontero)
Fº: BI-2-1969
Eslora :18,30 m
Manga : 4,60 m.
Puntal: 2,29 m.
Ano construcción: 1949-50
Localidade de construcción:Zumaia
Asteleiro :Arrizabálaga y Olasagasti
Motor : Carmelo Unánue 125 CV TRB :43,92
Relación de náufragos desaparecidos: José Posada Sánchez, José Abad Martinez, Eladio Trasancos Pernas, Saturnino Fernández Bellas.
Unico corpo recuperado: José Miguez Miguez.
Mari Loly Grela
Fº FE-2-2258 Eslora: 15,80 m.Manga : 4,20 m.
Puntal : 2.10 m.
Ano construcción : 1948-49
Localidade de construcción :Covas- Viveiro
Motor : Carmelo Unánue 125 CV
TRB : 26,95
Relación de náufragos desaparecidos: Pablo Manuel Alonso Prieto, Jose López Sánchez, Manuel Rey Trobo, José Mª Rey Lopez, Carlos Almeida Villarquide, Jesús Fernández Muñiz, Domingo García Soto, Ramón Mariño Casal, José Seijas Rodríguez, Rafael Pelaez Sampedro, Eugenio Fernández Rivas, Emilio Parapar Parapar y Antonio Rodríguez Rebolo.
Santa Lucía ST-4-2025
Eslora : 17,77 m.
Ano construcción: 1951
Localidade de construcción: Figueras(Asturias)
Motor : Carmelo Unánue 125 CV
Relación de náufragos desaparecidos da zona: Octavio Aldo Cociña Riveira y Antonio Rodríguez Lage.
PESQUEIROS NO PEIRAO DE VIVEIRO
No fondo o segundo comenzado pola dereita (o pesquero oscuro) o Todos Los Santos.
Dende estas liñas, un recordo para todos os mariñeiros e sobor de todo para os desaparecidos que deixaron a súa vida no mar. Lembrámonos tamén de moitos mariñeiros falecidos en accidente ou de súpeto a bordo dos barcos.
Entre outros ao longo dos últimos 60 anos houbo outros naufraxios de embarcacións do porto de Celeiro, ou que perteneceran anteriormente o mesmo. Cronoloxicamente, O redor do ano 1948, a lancha do remolque do “Ramon Dolores”, chamada “Antonia”, cun golpe de mar ía a pique no puntal, cun saldo de dous falecidos; a “Estrellita Marinera”, afundiuse ó día 7 de Agosto de 1968; o “Marzo”, o día 24 de Setembro de 1969, cun falecido; o “Madre Andrea”, o día 8 de Outubro de 1971; o Nvo Vicente María, o día 21 de Maio de 1972; O “Vicedo”, o día 25 de Xaneiro de 1973, cun balance de 11 mortos e dos supervivintes; o “Catalina” o día 12 de Xuño de 1975; o María de La Vega no 1976; o Playa de Itzunza; a embarcación “Anusca” o 20 de Decembro de 1977, morrendo afogados os seus tres tripulantes, tan so recuperados dos corpos. O Gran Cruz de Maio; o Acacio Vale; o Playa de Arichachu; o “Jesús Foral”, o día 17 de Outubro de 1989, e o Mariscador o día 14 de Decembro de 1989.
Ao longo de todo este tempo dende o afundimento do Santa Ana nº 2, ata a galerna de 1961, e dende entonces ata os nosos días, o mar foi roubando vidas de entre os que nel se gañan o pan. Así mesmo tamén lembrámonos de moitos mariñeiros mortos a bordo dos barcos de pesca.
O profesor e escritor da veciña vila do Barqueiro,D. Hixino Puentes, fixo un amplo estudo sobor dos naufraxios, no seu libro “Os náufraxios da Galicia Norte – Provincia Marítima de Ferrol”, publicado no ano 2003, e que conta con dous volumens.
En Celeiro no ano 1995, inagurábase a praza do Naúfrago, cun monumento ós falecidos e desaparecidos en accidente de mar ao longo de toda a historia. Na praca, o pe da escultura de bronce que representa a un mariñeiro vindo do mar cun compañeiro morto sobor dos seus brazos, reza:
EN MEMORIA DA XENTE DO MAR , CELEIRO XULLO DE 1995
Canción del marinero
Aquí vengo a empezar mi cantar,
lejos de casa, en altamar.
Sobre cuatro tablas de madera
pasamos la vida biológica entera,
con el mar mojándonos de agua
hasta las mismísimas seseras.
Señores, la olas pasan por riba de los palos
salpicando a buenos y malos.
De los temporales, ni le hablo
ni de cuanto estoy amargado.
Esta vida es la de un esclavo:
nos ereguemos cedo, ainda sin sol,
la faena de pesca es un calvario
y nos deitamos con noitiña, sin más fol,
de cubierta, al catre, todos derreados.
Nuestras vidas van a dar al mar,
vía de agua que es nuestro existir
y es que no hay peor mal
que el de no poder elegir:
O destino de Celeiro
foiche sempre mariñeiro.
Canción recollida do libro “De azul olvido”, de D. Vicente Miguez Salgueiro, publicado no ano 1998.
Un recordo para todos os mariñeiros e sobor de todo para os que deixaron a súa vida no mar.