¡¡ O destino de Celeiro foiche sempre mariñeiro !!

CELEIRO, onte e hoxe

CELEIRO, onte e hoxe

viernes, 3 de octubre de 2008

Parroquia de San Cibrao de Vieiro

Fundación da Parroquia
A parroquia de Vieiro foi creada no ano 1901, asi como tamén a construcción da Casa Rectoral, nesa mesma data trouxéronse as resliquias de San Cipriano, patrón da parroquia. Ata entonces Vieiro tiña a parroquia repartida, unha parte pertencía a San Francisco de Viveiro e outra a Santa María de Galdo. A Igrexa foi construida no ano 1902, no lugar denominado “O Santo”. Ten pranta de cruz latina, arco de medio punto e espadana. As obras foron costeadas por varias familias de Vieiro e Galdo así como polo obispado. Durante este século de existencias non tivo moitas remodelacións. A construcción do templo esta sobre unha capela na que se veneraba ao mártir, que databa do século XVI. Esta capela, que ainda existe hoxe está nun lateral da igrexa, chamada a capela do Rosario, e que acolle á Virxe da Esperanza.
No dintel de pedra da porta desta capela hay un grabado coa data da construcción da mesma e tamén co nome do párroco daquela época. Nesta capela venerábase a imaxe de San Cipriano, unha pequena talla antiga ,e que ainda se conserva, da metade do século XIX aproximadamente, de arte popular Galega. Entre os anos 1953 e 1955 foi adquiria unha nova talla do Santo, e que está ubicada no retablo do altar maior da igrexa, a esquerda da imaxen do cristo da agonía.
A dereita esta San Antón, co-patrono de Vieiro. A imaxen antiga do Santo atópabase tirada no faio da casa rectoral, e o actual párroco, mandouna restaurar.
Na actualidade está no retablo da capela da Virxen dos Dores. Os párrocos da parroquia ata os nosos días foron oito os que rexentaron a mesma neste século, así D. Melitón Novo Cortiñas, foi o primeiro, D. Leoncio López Casal, D. José Amido, D. Gumersindo Couto, Don Jaime González, D. Vicente Dorado, D. Jesús Torrado e o actual párroco D. Luis Piñeiro Hermida, foron os seguintes.

Situación Xeografica
Vieiro está situado ó Oeste do Concello de Viveiro, e limita polo Norte coa parroquia de San Xoan de Covas e coa capitalidade do Municipio, Viveiro. Polo Oeste tamén con Covas, e coa de San Paolo de Riobarba (O Vicedo); polo Sur coa parroquia de Santa María de Galdo e polo Leste limita co Rio Landro, que o separa da parroquia de Santa María de Magazos.
Conta Vieiro na actualidade cunha población orredor de oitocentos habitantes,espallados nos barrios de: Ameixoa, O Areal, A Boca da Fraga, Borralleiros, A Cabana, A Cabeceira, Cal do Sapo, Campo dos Bois, A Casanova, A Costa, A Cova, Estacada, Fontegrada, Freira, A Granxa, A Igrexa, A Lavandeira, Malagón, Montalbán, Pelourao, A Pena, O Pombal, O Portal, O Rio, O Souto da Feira, A Ximará e A Xota.


A vida do Santo
San Cipriano (Obispo e mártir), naceu en Cartago arredor do ano 210, fillo dunha familia nobre, polo tanto rico. Foi profesor, orador de gran fama, e home de importantes cargos, Deus elixiuno para dirixir a súa Igrexa en Africa. Repartiu as súas riquezas entre os pobres e converteuse o cristianismo. O Evanxeo foi para él unha revelación. Foi educado cristianamente por un anciano sacerdote, Cecilio. Recibeu o bautismo ós trinta e seis año, co nome de Cecilio Cipriano. No año 249 foi elexido obispo de Cartago e, ainda que nun principio rechazou o nomeamento, finalmente desempeñou o seu cargo, chegando a ser un gran evanxelizador da sua patria. Sufrió a persecución por parte do emperador Decio. Gobernou a súa diócese dende o seu escondite por medio de cartas pastorais.
Máis tarde, nunha nova persecución por parte de Valeriano, Cipriano rechazou a oportunidade que se lle presentou para fuxir. Entón foi acusado de «alta traición» e condeado a morte, por reafirmar a súa doctrina e por negarse a deixar de ser cristián. O ser axusticiado aceptou a sentencia con un «¡Grazas a Deus!». Morreu decapitado e fixo que ó verdugo lle pagaran veinticinco monedas d´ouro polo seu servizo. Logo, después de vendarse él mesmo os ojos, axionllouse para recibir orando a groria do martirio. Era o año 258. A súa festa celebráse coincidindo coa día do mesmo, o 16 de Setembro. Pola proximidade que ten a data coa vendima considérase a este Santo protector da mesma, por iso existía o costume, hai anos, de poñerlle nas máns e nos pés acios de uvas. Este feito pode ter o seu sentido pola colleita do viño que ata finais do seculo XIX tiña moita importancia na economía do Concello de Viveiro e da bisbarra. Tamén se lle ofrece unha rosca de dulce, pero o que non está moi craro e o seu porqué.
Dise que tamén as mozas se encomendan a él, para que lles busque un mozo. O que sí está comprado é que é o Santo da infancia e de tódolos nenos que teñen problemas de saude, tardan en falar ou camiñar ou teñen calquera tipo de medo, encoméndase a él e case sempre atopan solución. Din os máis vellos do lugar que tamén é o Santo meigo, e protexe a tódolos que se ofrecen a él de meiguerías e do mal de ollo.
A Romaría
A romaría do San Cipriano en Vieiro comenza coa Novena, nove días antes do 16 de Setembro. O dia do patrón, celébrase unha misa solemne e logo a procesión arredor da Igrexa. Na mesma saen as imáxes de San Antonio, (co-patrón), O Corazón de Xesús, a Virxen da Inmaculada, e o propio San Cipriano. Na actualidade sae a nova imaxen do Santo. Entónase o hinno a San Cipriano, escrito en 1.960 por D. Carlos Adrán Cambón, mestre e musico afincado durante moitos anos na veciña localidade de Celeiro.
Logo da procesión a xente volve a entrar na igrexa para recibi-la bendición do Santo, a tódalas persoas que o desexen. Imaxen de San Antonio
Para esta bendición, chamada tradicionalmente como “Poñe-lo Santo”, faise unha cruz cunhas pequenas imaxes de San Cipriano, e mentras se está poñendo pronunciase esta oración:

“San Cipriano Bendito
polo seu poder Celestial
te libre de todo o mal.
Amén”


A semana seguinte, o domingo, celebrase o que lle chaman o “San Cipriano pequeno”, e ten lugar unha procesión despois da misa coa imaxen antigua do Santo. Hai anos esta festa tiña moita sona entre as romarías de Galicia, e facíanse merendas no Souto da Feira, donde as familias despois de participar nos actos religiosos acudia a xantar.
Milagres atribuidos o Santo

A este Santo, considerado moi milagreiro, atribúenselle dous milagres importantes: un a Dña. Evangelina Iglesias Pardo, unha nena de sete anos, que non puido andar dende pequena. Era xemelga e naceu cunha deformación nas pernas, que non lle permitía andar, entón unha vella que traía un manto na mán chegou a casa da naia da Sra Evangelina pedindo esmola. Na casa deronlle a esmola e a vella mirou para a rapaza e preguntou que lle pasaba. Ó dicírenlle que non podía andar, a vella díxolles ós da casa que ofrecesen a nena a San Cipriano. Así o fixeron, e na procesión do Santo, levaron a nena dabaixo da anda cunha rosca derriba da cabeza. De alí a uns días pasou un home da aldea a cabalo -este home tiña fama de mal falado- por diante da nena e a nai, que estaban diante da casa, e díxolle a Evangelina:
“Evangelina, se me vés aquí douche esta rosca que levo”
E a nena levantouse e foi pola rosca de pan. O home, o ver aquilo, tirouse do cabalo, quitou o sombreiro e púxose a rezar. Dª Evangelina era coñecida en Vieiro por Evangelina da Castellana.
Outro milagro pasoulle a outra nena, Dña. Rita Rodríguez Pena, máis coñecida como A Barbana. Esta nena tiña tres anos de idade cando, polo mes de San Cipriano, unha vella veu pidindo posada. Ante a negativa que lle deran na casa, porque xa tiñan moito traballo coa pobre da nena, que non andaba, a vella respondeu que por favor a deixasen quedar aquela noite, e que ela lles daría solución ós problemas da pequena. Despois de cear, a vella chamou a nena, que arrastrándose se dirixiu cara a ela. A vella preguntoulle o seu nome e a nena respondeulle que se chamaba Rita. A vella intentou que a pequena andivera uns pasos, pero a nena non podía. Entón a vella colleu un crucifixo que levaba no peito, e rezando unhas oracións nas que mencionaba moito o nome do Santo, intentou que a nena andase algo. Así que rematou a ceremonia a nena comenzou a andar. Dende aquel día puido camiñar normalmente durante toda a súa vida. Os fillos da Barbana ainda viven.
Pero o máis numeroso das lendas que hai, é respecto á “Fonte do Santo”. Esta fonte atópase a uns setecentos metros da igrexa parroquial, e ten un sistema de abastecemento de augas moi pouco común. Abastécese de auga mediante unha cova na que cabe perfectamente de pé un home, esta cova ten máis de trinta e cinco metros de longo. A entrada á cova esta tapada. A fonte está en deshuso e abandonada.
Segundo dí a lenda, nesa fonte atopouse a imaxe antiga de San Cipriano, e por iso se día que San Cipriano naceu alí.
Outra lenda dí, que antes a imaxen pequena do San Cipriano era moi xoguetona, e como o cura non lle daba de beber, escapábase da Igrexa a beber e a lava-los pés a fonte. O Cura ó decatarse disto, encerraba o pobre Santo na Sacristía. Pero o Santo inxeniábaas para escapar e voltar as mesmas, e por iso o cursa tomou a drástica decisión de pechala imaxen na galería da casa rectoral.



HINNO A SAN CIPRIANO
¡ Oh glorioso Santo Bendito
que ofrendaste tu sangre al Señor
alcanzando la palma del martirio
en ardiente defensa de tu honor !
Ruega a Dios por nosostros
te suplicamos llenos de fé.
Ruega a Dios por nosotros
no abandones a tu grey.
San Cipriano faro y guía de las almas
que recoges amoroso hacía el redil
no te olvides de la oveja descarriada
y con suave llamada hazla venir, hazla venir.